Friday 26 de April de 2024

Arredor de 40 nenos e nenas participan nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes


 

Arredor de 40 nenos e nenas de 3 a 12 anos participan dende hoxe nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes. O chamado Easter Camp desenvolverase ata o vindeiro luns 22 de abril, agás os días festivos. Todas e todos eles desfrutarán con actividades en lingua inglesa, xogos, traballos manuais, cancións, música e movemento etc.